Desde o rural galego ao mundo enteiro
Os nosos pais e, antes ca eles, os nosos avós, viviron sempre do campo, da terra galega, dura e xenerosa a partes iguais. Na casa, as cousas facíanse como sempre: pan de centeo ao forno, leite recén muxida, ovos de galiñas que andaban soltas polo prado. Nada de etiquetas nin modas, só comida de verdade.

Sentimos orgullo das nosas raíces
Este proxecto nace do orgullo polo noso. Porque durante anos vimos como os produtos máis auténticos de Galicia quedaban escondidos en pequenos mercados ou quedaban na casa, sen chegar máis aló da comarca.
Decidimos darlles o lugar que merecen.
Dar valor ao auténtico
Aquí non atoparás grandes marcas, só produtos galegos de verdade: alimentos feitos con mimo, por persoas que traballan a terra e coidan os animais como antes, sen présas, con respecto.
Desde queixos e embutidos ata viños, conservas, doces e máis. Todo con orixe, todo con alma.


Un altofalante para o rural galego
Isto non é só unha tenda. É un altofalante para o rural galego.
Para esa xente que se levanta ao amencer para que ti poidas comer un queixo que sabe como debe saber. Para esa forma de vivir que non sae en Instagram, pero que se nota en cada bocado.
Somos o rural, somos de Galicia
Somos do rural. Somos de Galicia. E estamos aquí para compartir contigo o mellor da nosa terra. Se ti tamén valoras comer ben, de verdade, este é o teu sitio.
Galicia sabe. E aquí, contámoscho con sabor.

Compartimos Galicia en cada envío
Queremos que ao abrir un paquete sintas o mesmo que sentimos ao volver á casa: cheiro a campo, sabor a aldea e a certeza de que comer ben é un acto de cariño e resistencia.